O goberno compostelán aproba a actualización dos prezos dos estacionamentos municipais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, aprobou a actualización dos prezos dos estacionamentos municipais xestionados por TUSSA. Tamén se solicitou a prórroga de ocupación da parcela do aparcadoiro de bordo de Salgueiriños. Segundo indicou a voceira da Xunta de Goberno, María Pardo, os prezos increméntanse nun 1%, agás no caso da dársena de autobuses de Xoán XXIII, que permanecen igual. A suba aplicarase ao estacionamentos de Belvís e Xoán XXIII e ao aparcadoiro de bordo de Salgueiriños.

Precisamente en relación ao estacionamento de Salgueiriños, acordouse tramitar ante a Xunta de Galicia a prórroga de ocupación temporal da parcela no que se sitúa ata o 31 de outubro de 2014.

Muller
En materia de Muller e Igualdade, aprobouse a solicitude dunha subvención de 37.500 euros á Deputación Provincial da Coruña para a realización do II Congreso sobre a violencia de xénero. A primeira edición deste encontro celebrouse os pasados 28, 29 e 30 de novembro

5 de decembro de 2013 | 16:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.