O goberno amiense celebra unha reunión coa oposición para abordar a proposta a presentar ao POS 2014
O salón de plenos da Casa do Concello de Ames acolleu esta mañá unha reunión do Executivo municipal cos representantes da oposición para abordar a proposta que se presentará ao Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña para 2014. O encontro foi convocado polo concelleiro de Obras a pasada semana, unha vez que se reuniron todos os proxectos valorados das propostas e feitas as aportacións da oposición. Este ano, a cantidade asignada ao concello pola Deputación da Coruña é de 498.017,68 euros.
Durante a reunión, o Goberno municipal puxo sobre a mesa un conxunto de actuacións entre as que se atopan incluídas varias obras propostas polos concelleiros/as da oposición. Este encontro realizouse co obxectivo que se marcou o Goberno amiense de elaborar unha proposta consensuada para o Plan de Obras e Servizos (POS) 2014. Con este fin, o Executivo convocou ao representantes do grupo socialista e dos non adscritos de cara a abordar dita proposta e buscar un acordo que redunde no beneficio e na mellora do benestar dos veciños e veciñas amienses.











