O futbol sala carballiñés amplía as súas seccións cos novos patrocinadores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesO Carballiño
A-
A+

O equipo de futbol sala do Carballiño conta para esta campaña con novos patrocinadores, que foron presentados onte por parte do alcalde da vila, o presidente do equipo, e o adestrador do mesmo. Pazo Tizón, Axencia Garriga, Deputación de Ourense e Concello do Carballiño son agora os principais patrocinadores deste equipo, que pasa a chamarse Pazo Tizón Carballiño Futbol Sala.

Durante a presentación tamén se anunciou que o Pazo Tizón Carballiño Futbol Sala encargarase durante esta tempada dos equipos benjamín e pre benjamín da escola municipal de futbol, co que desta forma conta con todas as categorías posibles dentro da organigrama do futbol sala, incluso un equipo feminino, sendo o buque insignia deste club o equipo que milita na terceira división nacional.

10 de decembro de 2013 | 18:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.