O Fórum Metropolitano da Coruña acolle o espectáculo ‘A volta ao mundo’
O Concello da Coruña, a través da área de Cultura que dirixe Ana Fernández, informa de que o Fórum Metropolitano acolle, o vindeiro luns 30 de decembro ás 19.00 horas, o espectáculo A volta ao mundo, a cargo de Gorakada.
Dirixida por Perico Asorey, o espectáculo inclúese na programación da Rede galega de Teatro e Auditorios e convidaranos a dar a volta ao mundo con Fogg en 60 minutos. A obra recibiu varios premios Feten a mellor dirección, interpretación masculina, espazo escénico, iluminación e adaptación teatral.
O prezo da entrada para o espectáculo, incluído no ciclo Todo Público do Fórum Metropolitano, é de 6 euros e o abono 3 familiar de 12 euros.











