publicidade hoxe

O forte temporal en Ferrol obriga a suspender a actividade na pista de xeo e a cabalgata de Papa Noel

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal Portada
A-
A+

O Concello de Ferrol ten operativo un gabinete de emerxencia para  facer fronte ao temporal de chuvia e vento que sitúa a Galicia en nivel de alerta. Este grupo de traballo, formado por efectivos de Policía Municipal, Bombeiros, Protección Civil, Urbaser, Emafesa e Parques e Xardíns, reuniuse esta tarde e adoptou unha serie de medidas encamiñadas a garantir a seguridade cidadán. No encontro participaron os concelleiros de Seguridade, Servizos e Festexos, Pablo Cal, Borja Carro e Susana Martínez, respectivamente.

Así as cousas, e ante a previsión de fortes ventos e chuvia decidiuse aprazar temporalmente e dende esta mesma tarde a actividade da pista de xeo situada na praza de España mentres que continúe a situación de alerta. Tamén queda suspendida inicialmente a cabalgata de Papa Noel de mañá, aínda que quedou aberta a posibilidade de que esta faga un itinerario máis curto –polas rúas do centro da cidade- no caso de que o temporal remita na tarde de mañá. En principio, e se as condicións climáticas o permitan, Papa Noel recibirá aos nenos/as da cidade na Casa Consistorial a partir das 18.00 horas. Así mesmo, fanse as seguintes recomendacións xeraisá poboación: Revisar os elementos do exterior, como maceteros, tendederos, etc…; e evitar os desprazamentos así como pasar pola proximidade de árbores de gran porte.

Membros da Policía Local, de Protección Civil, de Bombeiros e persoal de garda dos servizos municipais de abastecemento de auga, iluminación, limpeza viaria e parques e xardíns estarán en activo durante as vindeiras horas.

23 de decembro de 2013 | 18:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.