O Festival de Panxoliñas de Ferrol contará coa actuación de catro rondallas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioFerrol
A-
A+

O Teatro Jofre acollerá o vindeiro domingo, día 15, un Festival de Panxoliñas no que actuarán catro rondallas. Este evento gratuíto está organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, que dirixe Manuel-Reyes García Hurtado, e dará comezo ás 19:00 horas. As entradas xa poden retirarse no despacho do teatro ferrolán, onde estarán disponibles até completar aforo.

As rondallas que participarán neste Festival de Panxoliñas son: Sonidos del Alba, Añoranzas, Bohemios e Club de Campo. Cada unha das agrupacións interpretará dúas panxoliñas e catro temas libres.

11 de decembro de 2013 | 14:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.