O domingo terá lugar a I Gala de patinaxe artística de Lugo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLugo
A-
A+

A Concellería de Deportes, que dirixe José Manuel Díaz Grandío, anuncia que este domingo, día 29, terá lugar a I Gala de Patinaxe Artística de Lugo, organizada polo  clube Patíns Lóstregos coa colaboración do Concello.

O evento celebrarase nas instalacións municipais de O Palomar e, segundo informa o presidente do clube organizador, Carlos R. Ouro Núñez, está previsto que participen orredor de 70 patinadores. A organización tamén agarda contar coa presenza na Gala de Tamara Valderrama Santomé, que foi a primeira galega en participar en cinco campionatos mundiais, podendo destacar algún dos resultados:

TAMARA VALDERRAMA SANTOMÉ
4ª de Europa Senior 2004
4ª de Europa Senior 2005

Estivo en cinco mundiais e noutros tantos europeos, foi campiona de España e ós 34 anos continúa patinando co Grupo Show do Club Valladares (gañador dun torneo en Italia), do que tamén é coreógrafa e adestradora da escola. 

Tamén se contará coa presenza da patinadora Nuria Rivas Busto que conqueriu o bronce no Campionato do mundo no grupo Show en China 2013, o pasado mes de novembro.

É probable que asista tamén á Presidenta da sección de Artística da Federación de Patinaxe, xa que que é nai dunha participante.

Programa e participantes

– Club Valladares ( Vigo )
– Club Brincadeira A Coruña )
– Club Ourela ( Ourense)
– Club Eahde ( O Carballiño )
– Club Anca ( Sarria )
– Club Lóstregos ( Lugo)

Modalidades a presentar : Patinaxe individual e Patinaxe en grupo(Show)

O evento terá lugar o día 29 de decembro e comenzará ás 16:00 para rematar ás 18:00 ( a hora é orientativa). no pavillon ‘O Palomar’.

27 de decembro de 2013 | 18:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.