O DOG publica o proceso de incrementar en 1,2 quilómetros o límite superior do Couto de Boborás

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia (DOG) anuncia que somete a información pública a modificación do límite superior do Couto de Boborás, situado na provincia de Ourense. Este incremento, establecido pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza, dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, suporá un aumento de 1,2 quilómetros.

No DOG explícase que esta ampliación foi proposta pola Sociedade de Pesca río Viñao, entidade que ten dito couto en convenio, dende o Comité Provincial de Pesca celebrado o pasado 10 de outubro.

A xustificación para este aumento, baséase en que este treito é o máis adecuado para practicar as modalidades de pesca que empregan de forma habitual, e, ademais, a parte final do couto é a que ten máis auga embalsada.

Pasos oficiais

O pasos oficiais que tiveron que dar os membros da sociedade de pescadores para iniciar o proceso de ampliación foi presentar a solicitude para o aumento deste couto ao Comité Galego de Pesca, que.acordou sometelo a información pública.

No momento no que remate o proceso de información pública levarase a cabo unha resolución que firmará a directora xeral de Conservación da Natureza como responsable directa deste departamento.

Este anuncio é conforme ao acordo a o disposto no artigo 15.3 do Decreto 130/1997, de 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais de Galicia.

13 de decembro de 2013 | 19:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.