O departamento pontevedrés de Benestar clausura o proxecto Hefesto no Día Mundial da Discapacidade
A Concellaría de Benestar Social Municipal celebra mañá o Día Mundial da Discapacidade e a clasura do proxecto Hefesto que puxo en marcha dende o pasado mes de outubro en colaboración con todas as entidades que traballan pola discapacidade como Amizade, Xuntos-Asociación Síndrome de Down, Juan XXII, Virgen de la O, Alba e Amencer-Aspace.
Este acto está previsto mañá pola tarde, a partir das 20.00 horas, no Teatro Principal ao que asistirá o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores e no que se proxectará o documental elaborado coas tres accións de lecer que se programaron en Hefesto. O documental ten unha duración de 20 minutos.
Ao acto están convidadas todas as persoas que participaron no programa: participantes, técnicos, entidades colaboradoras, asociacións… Cabe lembrar que o programa Hefesto foi unha intervención innovadora e atractiva no eido da discapacidade creando un espazo inclusivo
e aberto a novas experiencias onde se misturaron o mundo máis urbano e a discapacidade.
A primeira acción foi “Discapacidade e o mundo do son en estudo de gravación. Tamén se fixo outra acción coa cultura bboying/breakdance e co colectivo de moteiros.











