O departamento ourensá de xuventude convoca un curso de “bautismo de esquí e snow” na estación de San Isidro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurenseXuventude
A-
A+

A estación invernal San Isidro, que abre mañá as súas pistas por vez primeira nesta tempada, acollerá a última fin de semana un novidoso programa da Concellería de Xuventude, que inclúe clases de esquí e snow, desprazamento e aloxamento durante toda a fin de semana. A actividade foi presentada esta mañá no Salón de Plenos polo alcalde de Ourense, Agustín Fernández, a concelleira de Xuventude, María Devesa, e o coordinador da actividade, Benjamín González.

Con saída desde o parque de San Lázaro o venres 27 ás 16, e trala recollida do material á chegada o propio venres, xa o sábado celebraranse as clases con monitores específicos, e práctica libre na pista. O domingo haberá unha segunda clase de formación, e emprenderase a viaxe de volta.

Os participantes deberán levar roupa de abrigo axeitada, cazadora, pantalón e luvas de neve, lentes de ventisca ou de sol e crema solar. Tódolos interesados -maiores de 18 anos- poden formalizar a súa inscrición desde mañá mércores 4 de decembro, na Concellería de Xuventude, na Praza de San Martiño nº 2, baixo, no teléfono 988388154, ou no mail: xuventude@ourense.es. O custe da actividade é de 80 euros.

3 de decembro de 2013 | 13:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.