O departamento de xuventude organiza un curso de manipulador de alimentos e hixiene alimentaria en Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

A Concellería de Xuventude do Concello de Ourense organiza un curso de manipulador de alimentos e hixiene alimentaria. Está dirixido a persoas e profesionais que leven a cabo actividades que estén relacionadas coa manipulación de alimentos en calqueira das súas formas, e os participantes que o completen obterán o certificado de Manipulador de alimentos.

Tódolos interesados poden incribirse dende hoxe nas dependencias da Concellería de Xuventude, na Praza de San Martiño, ou a través do enderezo electrónico xuventude@ourense.es

O programa formativo está dividido en 11 módulos, e tenta dar a coñecer os coñecementos teóricos dun xeito activo e dinámico implicando ao alumno co desenvolvemento de simulacións, vídeos e resolución de situacións. Inclúe  contidos como a manipulación, conservación e medidas de hixiene básicas cos alimentos, os perigos potenciais que conleva a contaminación dos alimentos, a importancia de realizar unha correcta limpeza e desinfección dos utensilios e instalacións e a lexislación sanitaria vixente relacionada.

O curso, con 20 prazas, consta de 20 horas de duración e desenvolverase os días 16, 18, 23 e 30 de decembro de 2013 e  8, 13, 15, 20, 22 e 27 de xaneiro 2014 (dúas horas diarias), no Centro de Formación Rúa Nova, na Rúa Nova nº 17, Ourense (Entidad homologada pola Consellería de Sanidade).

5 de decembro de 2013 | 18:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.