O departamento de urbanismo de Mos concedeu un total de 294 licenzas no que vai de 2013

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMos
A-
A+

Con motivo do xa próximo remate do ano 2013, a concelleira de Urbanismo, Julia Loureiro, fixo balance esta mañá do traballo desenvolvido durante os últimos 12 meses en dito departamento. A edil fixo hoxe, deste xeito, públicos datos de interese dos resultados obtidos por dito departamento municipal dende o 1 de xaneiro ata a data de onte, 17 do 12 de 2013.

En total a administración local mosense leva concecidas, no que vai de ano e a día de hoxe, 294 licenzas das cales 48 son de obra maior, 29 de primeira ocupación, 88 de actividade, comunicación previa e declaración responsable; 1 expediente de fóra de ordenación, 124 de obras menores, e 4 de taxis.

Ademais deste aplastante dato de licenzas concedidas existe outro que tamén destaca polo elevado. Trátase do número total de asuntos de Urbanismo e Medio Ambiente levados a aprobación en Xunta de Goberno Local durante o ano 2013 que ascende a 569.

E outro dato enormemente chamativo é o dos 645 expedientes rexistrados no programa informático urbanístico mosense no que vai de ano, que corresponde ó número de novas solicitudes de licenza realizadas neste tempo.

Por último, continuando coa descripción de datos por orde de importancia, cómpre mencionar os 275 outros expedientes tramitados, 7 máis que en 2012, ano no que se rexistraban 268 destes outros expedientes entre os que se inclúen remisións de actividades a medio ambiente, devolucións de avais, disciplina urbanística, expedientes de Medio Ambiente e varios.

E destacar finalmente dentro das 48 licenzas de obra maior mencionadas ó comezo destas liñas, que 9 delas foron de obras asociadas a actividade (fronte as 7 en 2012) e 3 de naves; o que ven a demostrar que o crecemento industrial e económico de Mos segue a ser progresivo en parte gracias á implantación do Parque Empresarial Mos-Veigadaña. Asimesmo, entre estas 48 lizenzas de obra maior é necesario salientar as 10 delas que corresponderon a vivendas novas e que deixan patente que cada vez é máis a poboación que elixe Mos como lugar de residencia e onde construír a súa casa.

Para concluir, Loureiro calificou as cifras do balance de Urbanismo do ano 2013 como “moi positivas” e asegurou que “demostran que Mos continúa a crecer urbanísticamente a pesar da crise económica”. Neste sentido, a edil informou tamén de que estes datos aínda non son definitivos, xa que antes do día 31 de decembro celebraranse dúas Xuntas de Goberno Local nas que se levarán a aprobación asuntos urbanísticos e, polo tanto, estas cifras veranse incrementadas antes de que remate o presente ano.

18 de decembro de 2013 | 16:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.