O departamento de Traballo asesora aos carballiñeses que desexen solicitar o certificado de profesionalidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

Desde a área de Traballo do concello do Carballiño lembran que, até o próximo 12 de decembro poderanse solicitar os certificados  de cualificación profesional na Xunta de Galicia. Todos os carballiñeses que teñan recoñecido as competencias profesionais, adquirida a través da experiencia laboral ou formación non formal, deben solicitar ese certificado de cualificación profesional. Por tal motivo, e para facilitar os trámites a estes veciños, desde a área que dirixe a edil Teresa Cerdeira, ofrecerán o asesoramento necesario para obter esta cualificación e, desta forma, contar cunha ferramenta imprescindible para buscar traballo.

A área municipal de Traballo atópase na segunda planta do concello carballiñés, con horario de atención ao público de luns a venres, de 8:00 a 14:30 horas.

5 de decembro de 2013 | 18:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.