O departamento de Seguridade Cidadá imparte 19 cursos á Policía Local para mellorar a súa formación
A área de Seguridade Cidadá e Mobilidade realizou este ano un total de 19 cursos nos que participaron 353 axentes da Policía Local. Con estas iniciativas, o Concello busca unha maior proximidade do 092 aos veciños, así como actualizar os seus coñecementos e mellorar a súa formación.
O Goberno municipal ha investido 32.000 euros nestes cursos da Policía Local, nos que se impartiron 271 horas durante 56 días e participaron 353 axentes. Entre os cursos realizados polo persoal do 092, os axentes recibiron formación para o desempeño das súas funcións como policías de barrio -procedementos de actuación en materia de ordenanzas municipais e outras normas aplicables-, para a atención das vítimas de violencia de xénero ou para a realización de probas de drogas en controis de tráfico, mellorando así a detección dos condutores que consumiron sustancias estupefacientes. O último curso que se impartiu a 30 axentes (15 mandos e 15 policías) foi sobre comunicación táctica e manexo de discusións, cun total de 15 horas lectivas.
Os cursos realízanse de acordo ao convenio establecido entre o Concello e a Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), conseguindo así descentralizar a formación, facilitando que os policías locais non teñan que desprazarse á Academia da Xunta na Estrada. A principal finalidade é optimizar as horas efectivas de traballo dos axentes.
Ademais, dentro das actividades de formación da Policía Local, existen tamén prácticas de tiro nas que participa todo o persoal unha vez cada tres meses. Por primeira vez na historia da Policía Local, realizáronse as prácticas formativas de tiro con formadores propios da Policía Local e que foron instruídos na Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta a través da Academia Galega de Seguridade Pública.
O departamento de Seguridade Cidadá e Mobilidade seguirá en 2014 co seu compromiso de mellorar a proximidade da Policía Local aos veciños e o cumprimento das ordenanzas municipais. Neste sentido, no orzamento de 2014 inclúense máis de 520.000 euros para novo material e aumentar a flota de vehículos nun 40%, o que permitirá dar servizo ao incremento de axentes nos barrios da cidade.
Na actualidade, a Policía de Barrio cobre todos os barrios con patrullas a pé, en moto ou en coches radiopatrullas. Pasouse de tres barrios a pé co anterior bipartito aos 20 barrios actuais grazas a que o 58% dos efectivos traballa na Unidade de Distritos. Ademais, púxose en marcha o Programa de Policía Comunitaria, que no seu primeiro ano traduciuse en máis de 40 reunións dos mandos da Policía Local con representantes de asociacións de veciños e do comercio local para explicar o despregamento da Policía de Barrio e manter un coñecemento permanente da situación de cada zona.
A presuposto da área de Seguridade e Mobilidade para 2014 increméntase nun 7,27% respecto de 2013, até alcanzar os 40,15 millóns, para facer fronte aos gastos operativos, gastos de persoal e investimentos. Realizouse un importante esforzo para incrementar nun 41% o investimento destinado ao campo da seguridade e a mobilidade respecto ao último orzamento do bipartito. De feito, Seguridade Cidadá e Emerxencias contará co maior incremento de todas as concellarías da Coruña -un 14% respecto de 2013-.











