publicidade hoxe

O departamento de igualdade ourensán reivindica a Lei de Saúde Sexual e reproductiva e de interrupción voluntaria do embarazo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurense
A-
A+

A concelleira de Igualdade, Marga Martín, leu un manifesto esta tarde no Salón de Plenos do Concello, reivindicando a actual Lei orgánica 2/2010, 3 marzo, de Saúde Sexual e reproductiva e de interrupción voluntaria do embarazo, na que se garante o dereito das mulleres a decidir libremente sobre a súa maternidade.

A concelleira estivo acompañada de representantes da corporación municipal e da Plataforma por un aborto libre e gratuíto e representantes de colectivos vencellados á saúde e ás mulleres.

Adxuntamos a continuación o manifesto lido pola concelleira de Igualdade, Marga Martín, e apoiado polo Bloque Nacionalista Galego e o Partido Socialista:

MANIFESTO

As complicacións polo aborto inseguro e clandestino constitúen a primeira causa de mortalidade das mulleres en moitos países do mundo. Por isto e porque consideramos de importancia capital o dereito de todas as mulleres a abortar de forma legal, segura e gratuíta, o Concello de Ourense se suma ás reivindicacións que desde diferentes colectivos e plataformas de defensa do dereito ó aborto se veñen realizando desde que o ministro Gallardón anunciou a intención do Goberno de España de reformar a lexislación vixente; e reclama, unha vez máis, a necesidade de manter a actual regulación en España, impulsada polo goberno socialista, a LO 2/2010, de 3 de marzo, de saúde sexual e reproductiva e da interrupción voluntaria do embarazo. (IVE)

A Lei do 2010 despenalizou o dereito das mulleres a decidir libremente sobre a súa maternidade e sobre a interrupción voluntaria do seu embarazo. Garantiza o dereito á autonomía reproductiva das mulleres, estableciendo que a súa decisión persoal é a causa exclusiva para a interrupción do embarazo.

Ca Lei do 2010, España recoñeceu o dereito das mulleres a unha maternidade libremente decidida o que supón proseguir ou non co seu embarazo, sempre de forma consciente e responsable, polo que a decisión adoptada debe ser respetada. Xunto a este dereito a lei do 2010 recoñece e garantiza o dereito á educación e saúde sexuais, porque só cunha educación sexual adecuada e ca mellora no acceso ós métodos anticonceptivos podemos previr de forma efectiva, especialmente en persoas xóvenes, as infeccións por transmisión sexual e embarazos non desexados, e evitar, polo tanto as interrupcións voluntarias do embarazo.

A lei do 2010 é ademáis unha lei que garantiza a necesaria información das mulleres e obriga a un período de reflexión antes de que poidan someterse a unha interrupción voluntaria do embarazo: as mulleres son informadas de todas as prestacións, axudas e dereitos que lle correspondan se desexan continuar co embarazo, así como das consecuencias médicas, psicolóxicas e sociais derivadas da continuación do embarazo e da interrupción do mesmo, e da posibilidade de recibir asesoramento antes e despois da intervención.

A lei 2010 é tamén garantista para os supostos de embarazos de alto risco nos que a muller pode decidir interrumpir o seu embarazo, por graves motivos médicos legalmente previstos e refrendados, caso por caso, polos informes médicos de dos especialistas o de un comité científico.

O Concello de Ourense defende que o dereito das mulleres a decidir libremente sobre a súa maternidade debe facerse desde a Rede Hospitalaria ou extrahospitalaria pública, de forma que se garantice o seu carácter universal e se normalice como prestación sanitaria.

Ademáis, facemos un chamamento a toda a cidadanía para manter en España unha lei que garantice o dereito das mulleres a decidir libremente sobre a súa maternidade, una lei acorde cas lexislacións dos países do noso entorno, que conta co respaldo da maioría da poboación.

20 de decembro de 2013 | 20:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.