O departamento de cultura ourensán proxectará dúas das películas premiadas na 18 edición do Festival de Cine de Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioOurense
A-
A+

Dentro da programación de actividades que a Concellería de Cultura organiza para estas datas do Nadal, terá lugar tanto mañá venres coma o sábado a proxección gratuíta no Auditorio Municipal de dúas das cintas premiadas na pasada edición do Festival de Cine de Ourense. Offline, recoñecida como “Premio do público á mellor película” e “Premio ao mellor director”, será proxectada mañá ás 17:30 e o sábado ás 20 h.

A cinta francesa “Paradis Perdu” será proxectada mañá ás 20 e o sábado ás 17:30 h. Esta última foi recoñecida polo xurado do OUFF como “Premio á mellor película”, e “Premio á mellor interpretación femenina (Pauline Etiènnne)”.

A continuación adxuntamos unha breve sinopse de cada unha delas:

OFFLINE (Director: Peter Monsaert) Bélxica:

Despois de sete anos no cárcere, Rudy Vandekerckhove propúxose dous obxectivos claros: atopar un novo traballo como reparador de lavadoras e (o máis importante) reconciliarse coa filla que deixara atrás. Pero a pesar da axuda e o apoio dos seus amigos Denise e Rachid, os seus plans fracasan. Un estraño encontro nun chat lévao a un descubrimento sorprendente.

PARADIS PERDU (Directora: Eve Deboise) Francia:

Lucie, de 17 anos, vive co seu pai Hugo, illada nun viveiro de árbores no sur de Francia. A partida da nai de Lucie hai un ano fortaleceu o vínculo entre pai e filla, reconfortante e perigoso. Pero un día a nai regresa, o que provoca os celos e a ira de Hugo.

Cambio na “MOTI”

Por outra banda, a obra “La camisa del hombre feliz” substituirá a “La vuelta al mundo” -por indisposición dun dos actores-, como obra a representar o sábado ás 19:30 h, dentro da programación da Mostra de Teatro Infantil de Ourense (MOTI).

A obra trata sobre a historia dun Zar que cae gravemente enfermo. Médicos, magos e curanderos non lle encontraban ningún mal, ata que un trovador que paseaba polo reino lle diagnosticou a súa enfermidade: “Este home non é feliz”. E tamén lle diu o remedio: “Tendes que atopar a un home feliz e que se poña a súa camisa”. Un emisario real percorrerá o mundo na procura do remedio, pero… quen é o home máis feliz do mundo?

26 de decembro de 2013 | 17:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.