O departamento de Benestar Social de Ortigueira promove unha campaña de recollida de xoguetes
Un ano máis, a Concellaría de Benestar Social levará a cabo nestas datas pre do Nadal unha campaña de recollida de xoguetes e xogos, para entregar ás familias con menos recursos da localidade. O departamento municipal anima aos veciños e veciñas a colaborar na iniciativa solidaria.
O Consistorio convida a todos os orteganos/as a sumarse a esta campaña, doando os xoguetes usados que os seus fillos/as xa non utilizan e que se atopen en boas condicións e que, por tanto, poden aproveitar outros menores.
A recollida comezará o 16 de decembro e prolongarase até o venres día 20, en horario de mañá (10 a 13 horas), nas instalacións do centro social de Ortigueira. O reto, contribuír a que os máis pequenos do municipio teñan unha festividade de Reyes enche de ilusión, á marxe da situación económica dos seus.
Non é a única proposta solidaria que desenvolve o consistorio con este obxectivo con motivo das datas do Nadal. De feito, no marco do Programa de Reyes, o goberno DE Rafael Girón entrega ás familias do municipio con rendas máis baixas, vales agasallo de 50 euros por menor para trocar nos establecementos comerciais de Ortigueira por xoguetes, libros ou material deportivo.











