O delegado territorial en Pontevedra e o rexedor de Vila de Cruces analizan a concentración parcelaria en Brandariz e Insua

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedraVila de Cruces
A-
A+
Reunión para tratar a concentración parcelaria en Vila de Cruces

Reunión para tratar a concentración parcelaria en Vila de Cruces

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, mantivo esta mañá unha reunión de traballo co alcalde de Vila de Cruces, Jesús Otero, co obxectivo de analizar a situación das concentracións parcelarias que se atopan en desenvolvemento no municipio.

Na visita, o delegado territorial estivo acompañado do xefe territorial de Medio Rural e do Mar, Miguel Dubois, así como o xefe do Servizo de Infraestruturas Agrarias, Julián Alvira.

Durante o encontro, ambos responsables analizaron a situación das parcelarias de Brandariz e Duxam-Ínsua-Portodemouros, tras as reunións das xuntas locais celebradas na mañá de hoxe.

Nestes intres, segundo avanzou José Manuel Cores Tourís, a concentración de Brandariz se atopa en fase de información de recursos a bases definitivas, mentres que a de Duxame-Ínsua-Portodemouros acaba de aprobarse o seu acordo. Na primeira destas concentracións parcelarias beneficiaranse 575 propietarios dunha superficie global de 986 hectáreas, mentres que na segunda serán 1.225 hectáreas e 707 os donos de fincas beneficiados. “En total, 1.282 propietarios e 2.211 hectáreas”, matizou o delegado territorial.

Segundo se lle deu traslado hoxe as xuntas locais de ambas concentracións parcelarias, no caso de Duxame-Ínsua-Porto de Mouros o investimento total supera xa os 2,6 millóns de euros, cunha execución de camiños rurais que chega case aos 87 quilómetros. O interese maior das parcelas desta zona se atopa no labradío, o prado, o monte e o inculto, con aproveitamentos para cultivos forraxeiros e gandería. As parcelas teñen unha superficie media de 1.009 metros cadrados e coa concentración parcelaria pasarán a ter 8.180 metros cadrados, pasando cada propietario de ter unha media de 19,10 parcelas a 2,25. No caso de Brandariz, o investimento na concentración parcelaria rolda xa os 283.602 euros.

Tal e como manifestou Cores Tourís, dende 2009, a Consellería de Medio Rural e do Mar destinou a inversións nas concentracións parcelarias de Vila de Cruces 726.057,70 euros destinadas a aperturas de camiños, amolloamento de predios e melloras de captación.

De feito, segundo destacou o delegado territorial, a concentración parcelaria de Vila de Cruces sufriu un importante pulo dende 2009, coa finalización e entrega de títulos das zonas de Camanzo, Gres e Añobre en 2010. “En total, beneficiáronse 1.292 veciños donos de fincas, concentrouse unha superficie de 582 hectáreas e entregáronse 2.829 títulos”, engadiu o Cores Tourís.

En concreto, en Camanzo víronse beneficiados 777 propietarios e concentrouse unha superficie de 880 hectáreas. En Gres, 196 propietarios e 189 hectáreas. E, finalmente, en Añobre foron 305 as hectáreas sobre as que se traballou e 319 os propietarios de fincas beneficiados.O del

11 de decembro de 2013 | 17:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.