O curso de autonomía persoal de Ordes regala portavelas con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOrdes
A-
A+
Elaboración dos portavelas

Elaboración dos portavelas

Os alumnos e alumnas do curso de autonomía persoal que o Concello de Ordes imparte na aula adaptada do Mesón do Vento non deixaron pasar por alto o Día Internacional das Persoas con Discapacidade que se celebra hoxe. Para elo elaboraron uns portavelas artesanais construidos con corchos de botellas, cartón e pequenos vasos de cristal que eles mesmos decoraron. Ao longo desta mañá a concelleira de Diversidade Funcional, Lucía Iglesias, desprazouse ata os centros académicos do municipio para facer entrega en cada un deles destes agasallos.

Ademais dende o Concello de Ordes hoxe físoxe público o manifesto titulado ‘mírame como eu te miro’, onde se incide na importancia da inclusión na sociedade actual de todas as persoas que presentan algún grao de discapacidade.

3 de decembro de 2013 | 14:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.