O Concurso Internacional sobre a Panificadora colocou á cidade de Vigo “no mapa da arquitectura mundial”

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Vigo ▼
A-
A+

O primeiro premio foi outorgado polo xurado a un equipo de catro arquitectos chineses mentres que o segundo distinguiu a proposta de dous profesionais españois. Os premios incluíron dúas mencións honoríficas, ás que deu lectura o alcalde no Centro Social Novacaixagalicia despois dunha intervención de apertura a unha mesa redonda convocada pola organización.

A Panificadora, tal e como explicou Caballero, foi o obxecto desde certame arquitectónico de ideas, que contou coa participación de profesionais de todo o mundo e un xurado formado por “notables arquitectos” de Galicia e de China. O alcalde, en declaracións aos medios de comunicación, indicou que os proxectos se caracterizan polo intento de conxugar o uso público da parcela co terciario e o residencial.

13 de decembro de 2013 | 17:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.