publicidade hoxe

O concerto “Cantaruxa coa bruxa Maruxa” tivo como público aos escolares do Cra de Teo e do Ceip da Ramallosa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTeo
A-
A+
Concerto de Cantaruxa

Concerto de Cantaruxa

Os escolares do CEIP da Ramallosa e do CRA de Teo desfrutaron esta mañá do concerto Cantaruxa coa Bruxa Maruxa. Uxía Senlle (a bruxa Maruxa) e o seu acompañante, o músico brasilego Sergio Tannus, conseguiron que os máis pequenos estiveran pouco tempo sentados nas butacas do CSC da Ramallosa. Esta actividade forma parte do programa Música na escola, impulsado pola Concellaría de Educación, dirixido por María Álvarez Garea.

O programa de actividades extraescolares deseñado dende o Concello adícalle un apartado importante á música, con concertos para todos os centros. O alumnado de Calo e dos Tilos asistirán á mesma actividade no segundo trimestre. Entre os obxetivos deste acción están fomentar o coñecemento e o gusto musical do alumnado do noso Concello, inculcar nos nenos e nenas o gusto por diferente tipo de músicas e coñecer e respectar as principais manifestacións musicais da nosa cultura.

Cantaruxa coa bruxa Maruxa é un concerto que sae do proxecto musical María Fumaça, co que os máis pequenos/as gozaron o ano pasado en toda Galicia. Este concerto ten un formato máis pequeno pero nel mantéñense elementos do proxecto anterior coma “a diversión, a ledicia musical e a poesía destacando tamén que se trata dun canto feliz á diversidade”.

13 de decembro de 2013 | 18:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.