O Concello finaliza o proxecto de recuperación da muralla do Hospital Militar e os xardíns da Maestranza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O tenente de alcalde de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Martín Fernández Prado, anunciou esta mañá que o Concello xa concluíu o proxecto de revitalización da contorna da muralla do Hospital Militar e os xardíns da Maestranza, o que supuxo ao Goberno local un investimento de 319.440 euros.

O Concello ha recepcionado a obra, que se enmarcou dentro do Plan de Murallas e que incorpora unha serie de actuacións que van máis aló da recuperación do baluarte defensivo e que permiten enxalzar o patrimonio histórico da Cidade Alta, catalogado como Ben de Interese Cultural (BIC).

– Iluminación do tramo de muralla do Hospital Abente e Lago e da Fundación Luís Seoane; e a substitución da rede de iluminación pública dos xardíns da Maestranza para mellorar a eficiencia enerxética. O tenente de alcalde destacou que a nova iluminación ornamental, que empezará a funcionar esta noite, favorece a revalorización da zona amurallada.

– Obras de urbanización, coa colocación de chans de madeira e reparación de tramos de lastro, o que favorece o paseo peonil entre a Fundación Luís Seoane e os xardíns da Maestranza para observar os restos arqueolóxicos e camiñar pola parte alta das murallas.

– Pintado e reparación de varandas dos xardíns, así como instalación de bancos e papeleiras.

– Colocación de paneis informativos.

– Eliminación de elementos discordantes na zona do paseo marítimo.

Este proxecto municipal da área de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas que dirixe Martín Fernández Prado corrobora o interese do Concello da Coruña pola revitalización e a recuperación do patrimonio histórico-artístico da cidade e pola elaboración dun plan director dos baluartes defensivos, ademais de impulsar o seu coñecemento entre os coruñeses e de converterse nun polo de atracción turístico.

As obras executáronse sempre baixo o visto e prace da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta. O orzamento final foi de 319.440 euros, o que supuxo unha rebaixa do 20% (un aforro de 80.345 euros) con respecto ao prezo de licitación dun proxecto ao que se presentaron 12 ofertas.

26 de decembro de 2013 | 19:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.