publicidade hoxe

O Concello de Xove fomenta o empresariado local en galego

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXove
A-
A+

O Concello de Xove está desenvolvendo unha campaña subvencionada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, para reforzar o idioma galego nas relacións comerciais e empresariais en xeral. Nestas datas, fanse máis visibles os seus resultados.

Este proxecto contou con  dúas accións:

Asesoramento ás empresas para a normalización e normativización da súa documentación, para fomentar que o galego sexa a súa lingua de comunicación.

Campaña de agasallos:

– Curso de paquetería en galego. Este curso impartiuse desde o 30 de setembro ata o 17 de outubro e tiña como obxectivo formar ás persoas que traballan no sector comercial en Xove.

– Imaxe única na presentación de agasallos en todos os comercios do municipio. Todos os comercios están a empregar a mesma imaxe para a paquetería de Nadal, para iso o Concello editou un papel de embalaxe no que figuran as seguintes frases: Xove, comercio local, agasallos, en galego enténdote. Tamén repartiu, en colaboración coa ACIAM, os mesmos materiais decorativos necesarios para presentar un agasallo de maneira atractiva e única.

– Postal de Agasallos. O Concello deseñou unha postal para agasallar ás persoas consumidoras das empresas do municipio.

Carácter innovador:

Trátase dunha campaña innovadora, xa que é a primeira vez que todos os comercios locais envolven da mesma maneira os paquetes de agasallo.

Potenciación do empresariado local:

O Concello de Xove quere promocionar as empresas locais recordando que nestas datas unha boa parte dos agasallos de Nadal se poden mercar no comercio xovense, porque está convencido de que sustentan parte da nosa economía e xeran emprego e riqueza.

Mercar produtos e contratar servizos nas empresas locais ten os seguintes motivos e razóns:

– Porque son os nosos veciños e veciñas.
– Porque están cerca.
– Porque no comercio local pódese atopar o mellor trato persoal e o mellor servizo profesional.
– Porque son un lugar de encontro no que falar, informarnos do que pasa na zona e coñecer a quen vive connosco.
– Porque aportan vida a Xove. 
– Porque organizan actividades e participan nas que organiza o Concello.
– Porque lles importas e trátante con confianza.
– Porque sen eles moitas persoas veciñas quedarían no paro.
– Porque non te van enganar e ofrécenche garantías.
– Porque están doadamente localizables se tés algún problema.

18 de decembro de 2013 | 16:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.