publicidade hoxe

O Concello de Xove entrega o premio á gañadora do concurso de carteis a prol da lingua

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXove
A-
A+
Entrega de agasallos á gañadora do concurso

Entrega de agasallos á gañadora do concurso

“A lingua galega mola” foi o lema gañador do Concurso de carteis a prol da lingua que o Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Concellos da Mariña Luguesa organizou este verán para promocionar o uso da lingua galega na mocidade mariñá. Os participantes, nenos e nenas de entre 4 a 12 anos, debían realizar un deseño gráfico orixinal e un breve comentario en galego a prol da lingua, onde se  valoraríase a orixinalidade e a creatividade dos debuxos e dos seus comentarios, independentemente da súa perfección técnica.
Ademais do debuxo gañador, de Saúl de oito anos e do Concello de Barreiros, seleccionáronse outros  para confeccionar carteis e marcapáxinas que serán repartidos pola técnico de Normalización Lingüística da Mancomunidade e polos alcaldes polos colexios da Mariña Lucense. Neste sentido, hoxe pola mañá  a Concelleira de Cultura Dolores Meitín, acompañada por Lucía Pérez, coordinadora desta actividade, realizaoulle entrega dun agasallo á gañadora en Xove deste concurso, que non foi outra que a nena Claudia Vázquez Sánchez, co lema “falando un pouco en  galego a vida é sempre mellor”.

Esta actividade forma parte do Programa de Dinamización do Servizo de Normalización Lingüística coa finalidade de promocionar o o uso da lingua galega na comarca mariñá.

5 de decembro de 2013 | 18:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.