O Concello de Vilagarcía completa a rede de saneamento en tres lugares de Castrogudín
Os servizos básicos do Concello veranse ampliados en breve coa actuación programada polo Concello na zona de Castroagudín, onde está previsto completar a rede de saneamento en tres lugares. O investimento de 36.321 euros servirá para estender o alcantarillado á rúa Castiñeiros, ás inmediacións do centro socio cultural de Castroagudín e á zona do bombeo de Os Piñeiros.
As obras realizaranse de xeito inminente posto que xa se adxudicou o proxecto á empresa Repoboacións e Desbroces do Noroeste. O proxecto prevé a instalación nas tres zonas de colectores de PVC, pozos de rexistro e a conexión á rede xeral.
Con esta obra, o Concello pretende cubrir a totalidade da demanda de servizos básicos existentes nas zonas do rural menos poboadas ou naquelas nas que antes non se precisaba pero que nos últimos anos sufriron un crecemento demográfico coa construción de novas vivendas.











