O Concello de Vigo licitará as obras de asfaltado do último tramo da estrada da Vía

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Vigo ▼
A-
A+

O concelleiro de Fomento, David Regades, avanzou a inminente licitación do último tramo da estrada de A Vía pendente de asfaltar. Concretamete, precisou, trátase duns 700 metros que van desde a rotonda do aeroporto cara ao centro da cidade cun orzamento duns 63.000 euros a cargo da Consellería de Medio Rural con partidas en 2013 e 2014. Estes traballos inclúense no Plan Marco do Programa de Mellora de Camiños de Titularidade Municipal 2013-2015, financiado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e o Concello asume o custo do IVE.

Regades resaltou esta colaboración entre administracións e instou á Xunta a incrementar ás súas achegas á maior cidade de Galicia. Respecto da Deputación de Pontevedra, o edil reclamoulle ao ente provincial o arreglo da antiga Avenida de Madrid, ao tempo que censurou o escaso investimento que acomete na cidade a pesares de recibir desta preto de 50 millóns de euros. O responsable de Fomento destacou que o Concello vai rematar o ano cun investimento público de preto de 30 millóns de euros.

9 de decembro de 2013 | 17:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.