O Concello de Vigo achega este ano 97.000 euros a AFAN
Abel Caballero visitou as instalacións de AFAN e eloxiou o traballo “espléndido” que realiza a Asociación, á que o Concello de Vigo subvenciona con 97.000 euros neste ano que remata, cando a achega á entidade habitualmente ascendía aos 20.000 euros.
Xunto a AFAN, o alcalde recordou que, no ano 2013, o goberno de Vigo incrementou nun 750% o apoio aos comedores sociais da cidade con respecto a hai dous anos, sumando un total de 636.000 euros. Caballero comparou a política do Concello de Vigo coa da Xunta de Galicia, que rebaixou un 12% as partidas de Benestar mentres que o goberno que preside Caballero incrementou as cantidades nun 12%.
Con estas accións, Caballero explicou que “tratamos de cubrir as necesidades” provocadas pola crise e indicou que “hai unha parte da cidade que o está a pasar moi mail e a cidade está tratando de resolver o problema o mellor que pode con toda esta aportación”.











