O Concello de Santiago promove “Ser Libris”, un programa de fomento da lectura entre os usuarios do transporte urbano

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSantiago de Compostela
A-
A+

As concellerías de Normalización Lingüística e de Mobilidade, a través da empresa municipal TUSSA, colaboran coa Asociación Galega de Editores (AGE) na campaña Ser Libris. A través desta proposta pretende fomentarse a lectura entre os usuarios do transporte urbano. A campaña quere presentar a actividade da lectura como algo cotián na vida das persoas, así como facer visible a edición galega mediante textos de obras publicadas polos editores de AGE. Os textos propostos están impresos en vinilos que se colocaron nos autobuses urbanos para convidar os viaxeiros á súa lectura.

A iniciativa Ser Libris iniciouse este venres, 20 de decembro e terá unha duración de dous meses. Na presentación da campaña, celebrada na praza do Obradoiro, participaron os concelleiros de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, e de Mobilidade, Luis Bello, así como a vicepresidenta da Asociación Galega de Editores, Belén López.

Os textos da campaña foron seleccionados polas editoriais participantes: Nova Galicia Edicións, KNS Ediciones, Ouvirmos, Editorial Galaxia, Edicións Xerais, Bahía Edicións, Tambre Edicións e Ediciones Linteo, empresas que contribúen corresponsablemente ao financiamento do proxecto campaña.

A selección inclúe libros para nenos e para adultos; textos literarios ou divulgativos; sobre cociña, pintura… Hai referencias clásicas e tamén contemporáneas, de escritores galegos ou traducidos.

20 de decembro de 2013 | 17:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.