O Concello de Salvaterra de Miño presenta a súa programación para estas festas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalvaterra de Miño
A-
A+

As actividades de  Nadal, como tódolos anos,  centran a súa programación nos mais cativos, que con gran ilusión desfrutan destas datas, coa visita de PaPa Noel, Cine, Obradoiros Infantís, Contacontos, Xogos de Nadal na praza do Concello e a tradicional Cabalgata de Reis ( que un ano mais será decorada por un grupo de alumnos e alumnas da Escola Superior de Arte Dramática  Galega) .  A Biblioteca Municipal realizará os días 23, 26, 27 de decembro e 2 e 3 de xaneiro un Campamento de Nadal; e entre o xoves 26 e o venres 27 de decembro, nas Instalacións Deportivas Casal, desenrolarase un Torneo Solidario de Fútbol Base.

 Ademais destas actividades enfocadas aos pequenos da casa, o Concello ofrece diversas alternativas de ocio e lecer, como Obradoiros para Adultos, Música e Vilancicos na Praza do Concello e a súa San Silvestre Solidaria, que será presentada nestes días, e que este ano presenta unha gran novidade.

Un dos eixes centrais do Nadal é a música, e así tanto a Coral Voces Blancas Lacedurium, como a Coral Cantemos, a Banda de Música de Salvaterra e a Asociación Cultural Pontenova  realizarán os seus respectivos Festivais de Nadal.

Unha programación completa e con diversas alternativas para pasar estas datas de Nadal.

13 de decembro de 2013 | 18:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.