publicidade hoxe

O Concello de Ourense presenta un Nadal cargado de actividades

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

Esta mañá presentouse a programación cultural para este Nadal 2013. A concelleira de Educación e Cultura, Ana Garrido, explicou as actividades que comezarán a partir do vindeiro venres día 20 ás 18.30 h, co xa tradicional acto fronte ao Belén de Arturo Baltar.

Este espazo expositivo, xoia da representación da nosa etnografía, amplía o seu horario en Nadal e abrirá tamén polas tardes entre ás 18 h e ás 20 h – polas mañás mantén o horario habitual entre as 12 h a 14 h -. Ese mesmo día, a Banda Municipal ofrece un concerto na Praza de San Mariño. A partir desta data, teremos concertos como o de Nadal da Capella Duriensis, na Igrexa de Santa Eufemia – día 21 ás 20.30 h -, ou o certame de Vilancicos e Panxoliñas que acada a súa XIX edición – días 26, 27 e 28 no Auditorio -, ou a Festa de Fin de Ano na Praza Maior – o día 31.

 Tamén se poderán visitar os Beléns participen no XVIII Concurso de Beléns e que estarán ata o 6 de xaneiro – ata a vindeira semana está aberto o prazo para anotarse e participar -. E o Museo Municipal alberga unha das exposicións máis esperadas, O clamor da túa presenza, de Manolo Vidal.

Outras actividades destes días serán a Mostra de Teatro Infantil – se presentará nos vindeiros días -, e que fará as ledicias teatrais dos máis pequenos é as súas familias – entre o 26 e o 30 -. O Auditorio tamén acollerá unha Gala Benéfica Contra o Cancro, organizada pola asociación xuvenil as Canellas. Outra das novidades para estas datas serán as proxeccións de películas Nadal e cine no Auditorio – días 27, 28 de decembro e días 3, 4 de xaneiro -.

Como non podía ser doutra forma, Papá Noel regresará a Praza Maior a recoller as misivas con todas as peticións infantís – días 22 e 23 -, e posteriormente, xa como preludio ao día de Reis, as carteiras Reais repartirán cartas, e tamén as recollerán para levalas de correo reais – días 2, 3 e 4 -. Todo para ofrecer o mellor dos recibimentos ás Súas Maxestades os Reis Magos que chegarán o domingo 5 ás 17.30 h a estación de Tren e percorrerán as rúas cunha espectacular cabalgata ata a Praza Maior.

12 de decembro de 2013 | 13:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.