O Concello de Ourense destinará 126.681 euros á renovación da praza de Eiroás e a rúa do Pazo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

O proxecto de acondicionamento e renovación do firme actual na praza de Eiroás e a rúa do Pazo foi aprobado esta mañá na sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local. Cun orzamento de licitación de 126.681 euros, o proxecto inclúe a humanización da zona, coa incorporación de dez árbores e un paseo xaponés. Tamén se renovará a calzada e a beirarrúas, e se colocarán novos sinais para vehículos e peóns.

Concretamente, as obras de acondicionamento consistirán: levantado de pavimento existente con compresor, excavación para formación dunha zona denominada paseo xaponés -formado por lousas de céspede prefabricada con formigón sobre céspede artificial, asentado nunha cama de arena-, e limpeza de sumidoiros e tuberías para augas pluviais.

Incluiranse tamén 10 árbores tipo prunus, de 2,50 metros e o seu respectivo alcorque na zona do paseo xaponés. O proxecto inclúe tamén a demolición, levantado, nivelación e reposición do firme actual da calzada, reposición do firme da beirarrúa cun pavimento de loseta hidráulica, e colocación de sinais horizontais e verticais para regular o tránsito de vehículos e peóns.

12 de decembro de 2013 | 13:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.