O Concello de Ourense asfaltará o tramo final da Avenida da Habana e rehabilitará Ramón Cabanillas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

A Xunta de Goberno do Concello de Ourense aprobou esta mañá o proxecto de “Rehabilitación de firme en varios tramos da rede viaria do Concello de Ourense: Avenida da Habana, Ramón Cabanillas e zonas puntuais de Concejo, Xoan XXIII, e Curros Enríquez”, redactado pola Enxeñería Municipal, cun orzamento de 111.487 euros e un prazo de contratación de tres meses.

Este proxecto, que suporá na práctica a desaparición do adoquín na totalidade da rúa da Avenida da Habana -actualmente cun “estado de conservación deplorable”, segundo o propio proxecto- “e que esixe actuacións de conservación significativamente intensas ou frecuentes”, ven cumplir cunha demanda cidadá longamente reiterada, e que tivo a súa primeira fase co asfaltado do tramo superior da Habana no ano 2011.

Graves deformacións

Segundo o proxecto aprobado hoxe pola Xunta de Goberno, no que se refire ás rúas Avenida da Habana e Ramón Cabanillas o estado do firme actual sofre “deformacións lonxitudinais e transversais, cunha regularidade superficial inadecuada e con zonas de pavimento fisurado”.

O proxecto propón “corrixir os puntos baixos producidos con mezcla bituminosa, adecuando as capas e os seus espesores para acadar as prescripcións referentes á regularidade superficial”, e logo asfaltar por riba.

Asimesmo, o proxecto contempla melloras nas rúas Xoán XIII, Concejo e Curros Enríquez, consistentes en reparar as paradas de autobús e as zonas de estacionamento destas rúas, tamén acuciadas polos baches e afundimentos.

Para estas rúas proponse levantar o pavimento de taco de granito existente e reconstruir a sección cun pavimento flexible, nestas zonas relativas ás paradas de autobús e estacionamentos. O proxecto aprobado hoxe pasa así ó proceso de contratación, para o cal os técnicos municipais estiman un prazo de tres meses.

5 de decembro de 2013 | 18:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.