O Concello de Ourense acadará un aforro enerxético do 80% empregando tecnoloxía LED no alumeado de Nadal
A Xunta de Goberno Local acordou, na súa xuntanza desta mañá, a adxudicación do servizo, instalación, mantemento, conservación e desmontaxe da iluminación de Nadal á empresa Electricidad Gremaca. As labores de instalación e colocación do alumeado darán comezo ao longo desta semana e o acendido do alumeado para este Nadal farase o venres, 13 de decembro e permanecerá ata o día 6 de xaneiro, día de Reis.
Así, todas as luces que adornarán as rúas, prazas, e entradas e saídas da cidade contan con tecnoloxía LED. Segundo a tipoloxía da instalación empregaranse diferentes productos coa mesma tecnoloxía: fíos luminosos, cortiñas, tiras de microlámpada, elementos con efecto estroboscópico, con efecto “flashing” e con “caída secuencial”, simulando o efecto da choiva de neve.
Para buscar a homoxeneidade do conxunto empregarase, maioritariamente, LED branco, cálido e frío, e todos os elementos reducen un 80% o consumo enerxético respecto do alumeado tradicional. Esta tecnoloxía, gracias á súa elevada eficiencia enerxética, diminúe as toneladas de CO2 emitidas e é respetuoso co medio ambiente ao non emite raios ultravioleta, infrarroxos, mercurio ou outros materiais dañinos para a atmósfera. Así, tamén contan cun grado de protección axeitado que garante a súa estanqueidade ao tratarse dunha instalación á intemperie.
O alumeado estará acendido 5h diarias de luns a xoves, e unha hora máis os venres e as fines de semana. Así mesmo, os días festivos de Noiteboa, Nadal, Fin de Ano e Reis, o alumeado permanecerá acendido 8h.
Con respecto á súa localización, instalaranse un total de 220 arcos, máis 6 nas entradas e saídas da cidade e engalanaranse as principais rotondas, a Praza Maior (espazo no que se instalará a tradicional árbore de Nadal, un abeto de 10 metros de altura), e zonas senlleiras coma o Casco Histórico e As Burgas, o Xardín do Posío, a Praza de San Cosme, onde continuará instalado o Belén de Baltar, e o Parque de San Lázaro.











