O Concello de Neda rexistra un novo roubo de cableado eléctrico na zona rural

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O Concello de Neda volveu a rexistrar a pasada madrugada un novo roubo de cableado eléctrico no lugar de Illó –parroquia de San Nicolás- que deixou sen suministro eléctrico ao alumeado público na zona. Non se trata dun feito illado, xa que nos últimos meses a Policía Local está a constatar un repunte neste tipo de actos delictivos. E, precisamente, esta é a segunda vez nos últimos meses que se rexistrar un hurto deste material nesta mesma zona. Nesta ocasión, 250 metros de cable saqueado -en xuño foron 200 m-.

En todo caso, o Concello procederá á inmediata restitución do material e, na mañá de hoxe, un técnico electricista se desprazaba á zona para valorar a situación. Inicialmente, estímase que o custe dos traballos se sitúe en torno aos 3.500 euros, que deberá saír agora das arcas municipais e, por ende, de toda a veci-ñanza de Neda. É por isto que a Administración local non pode máis que condear este tipo de feitos vandálicos que non fan máis que perxudicar á cidadanía.

10 de decembro de 2013 | 14:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.