O Concello de Neda dá a benvida ao Nadal co Mercado Tradicional
O Concello de Neda preparou para este Nadal un completo programa de actividades para que veciños e visitantes gocen da real vila durante estas datas. Así, reeditará o seu Mercado de Nadal, unha cita que se consolida ano tras ano no calendario festivo da comarca e que neste 2013 cumpre a súa terceira edición con importantes novidades. O mesmo ocorre co seu Concerto de Nadal, certame que comezaba a súa andaina fai sete anos e que, nesta ocasión, volve organizar o Concello ampliando o seu progra-ma a dúas xornadas. Dous eventos dos que veciños e visitantes poderán gozar o fin de semana do 13 ao 15 de decembro.
Así, o centro histórico da real vila de Neda inaugurará o venres 13 o seu Mercado de Nadal. Un Mercado único en toda a comarca e dos poucos que con este espírito do Nadal celébranse na provincia. A concelleira de Promoción Turística, Montse Rico, deu conta esta mañá das súas novedades, entre as que se atopa a súa localización, que se traslada da contorna da Casa das Pal-meras á rúa Real. Así, a principal vía do centro histórico acollerá de novo a ampla oferta de produtos que ofrecerán decenas de artesáns e comerciantes xa confirmados polo Ayunta-amento, promotor da cita. Ademais, e co ánimo de evitar que as adversas condiciones clima-tológicas afeen o Mercado, Montse Rico anuncia que, tamén como novidade, habilitarase unha carpa ao longo da rúa. O Mercado permanecerá aberto até o domingo 15, xornada na que se celebrará tamén o I Concurso de Doces de Nadal. Un certame que, por primeira vez, convoca o Concello, aberto a todo aquel que desexe presentar as súas mellores sobremesas. Pa-ra participar, tan só é necesario enviar un correo electrónico con nome e apelidos e teléfono de contacto a alcaldia@neda.es ou ben presentar nas oficinas municipais da casa consistorial a petición. Unha vez realizado o trámite, deberá presentarse a sobremesa o día 15 no Mercado. Haberá dous premios, para o máis orixinal e para o máis saboroso, que recibirán un vale de cen euros para encher o carriño da compra en establecementos de Neda.
Nesta liña, a concelleira sinala que con este Mercado de Nadal o Concello busca prol-mocionar a actividade económica dos comerciantes da localidade favorecendo o inicio das compras de Nadal e, ao mesmo tempo, dar a coñecer a vila de Neda. Para iso, artesáns e co-merciantes ofrecerán produtos gastronómicos típicos da época, como turróns, cavas, po-rones… ideais para elaborar os menús neste tempo, até posibles agasallos para Noiteboa ou Reyes, pasando por árbores ou plantas de Pascua. Tampouco faltará a animación a pé de rúa, con panxoliñas que alegrarán a contorna. Así mesmo, a concelleira Montse Rico sinalou que o Concello tamén prestará especial atención aos máis pequenos da casa. Así, disporán de caixas de correos para depositar as cartas que enviarán a San Nicolás, patrón de Neda, e aos queridos Reyes Meigos. Outro dos reclamos que, sen dúbida, tamén fará as delicias dos nenos será a zona de ludoteca, que se habilitará a tarde do sábado e do domingo, con xogos, talleres de maquillaxe, repostaría… E, para recargar enerxía, os diferentes postos onde tomar polbo, churrasco, crepes…
Do mesmo xeito que na edición precedente, o Mercado de Nadal de Neda terá o seu carácter solidario, xa que contará coa participación de diferentes entidades sen ánimo de lucro que, a par de ofrecer a súa artesanía aos visitantes, recadarán fondos para desenvolver o seu labor.
Concerto de Nadal
Unha cita imprescindible para dar a benvida ao Nadal, pero que non será a única. E é que, un ano máis, o Concello organiza o VII Concerto de Nadal. Terá lugar en dobre xornada. Así, o venres 13, ás 20,30 horas, o Salón de Actos da Casa da Cultura albergará as actuacións da Agrupación Lucero da Alba de Neda e da formación Parranda A Nosa. E, o sábado 14, grazas á colaboración da Deputación Provincial da Coruña, sobre o mesmo escenario, pero ás 20 horas, o público poderá gozar do concerto do prestixioso Coro Infantil e Xuvenil Cantabile. Tras o seu paso polos máis recoñecidos escenarios de Viena, Salzburgo, Altenburg, Porto, Bolonia ou Roma, o Coro Infantil e Xuvenil Cantabile chega a Neda para ofrecer as súas mellores interpretacións a capella ou acompañados de piano. Un repertorio de música polifónica variada que abarca desde a música barroca, especialmente a obra sacra de Vivaldi ou Haendel, até pezas máis actuais, pasando pola tradición popular galega. Nos seus máis de dez anos de existencia, o Coro Infantil e Xuvenil Cantabile converteuse en referente musical en Coruña, impulsor da música e a cultura galegas a través das súas numerosas xiras ao longo de toda España e Europa.
Os numerosos premios recibidos e a crítica avalan a súa traxectoria musical e, especialmente, o seu son e técnica vocal. En gran medida, grazas ao seu director, Pablo Carballido do Camiño, tenor e mestre de canto. Entre as súas actuacións máis importantes no campo operístico figuran Carmen, A Boheme, Otello e Parsifal, baixo a dirección de importantísimos directores do panorama internacional. Ademais, gravou xa catro discos, entre os que figuran a banda sonora da película De Profundis. Nunha e outra xornada, a entrada é libre e gratuíta.











