O Concello de Neda colabora co Rastrillo Solidario da Asociación Nuestra Señora del Carmen
O Concello de Neda colabora coa Asociación Nuestra Señora del Carmen no seu tradicional Rastrillo Benéfico. Unha cita solidaria que a entidade inauguraba o pasado 29 de novembro na rúa Dolores, 55, da cidade naval, e que permanecerá aberto nestas datas de Nadal. Así, a Administración local facía entrega á Asociación de lotes de libros procedentes da Biblioteca Municipal de Neda destinados tanto ao público infantil como xuvenil. Así mesmo, e grazas á colaboración tamén desinteresada da Asociación de Amas de Casa de Neda, remitíronse diferentes traballos de manualidades que, a bo seguro, serán agasallos perfectos para as datas do Nadal.











