O Concello de Mos presenta a programación de actividades de Nadal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e as concelleiras mosenses de Benestar Social e Cultura e Educación e Participación Cidadá, Sara Cebreiro e Kely Monzón, respectivamente, prersentaron hoxe no Concello a programación de Nadal 2013-2014.

Esta tarde no Multiusos, en horario de 19.00 horas a 22.00 horas terá lugar o taller para adultos de preparación dunha mesa de Nadal celebrarase mañá xoves 12 de decembro e pretende achegar os coñecementos para que os/as participantes aprendan a preparar unha mesa que presente un bo impacto visual, dar a coñecer o protocolo actitudinal nunha mesa, recoñecer a colocación axeitada dos utensilios nunha mesa e facilitar uns coñecementos básicos para saberlle dar a mesa un toque decorativo.

O obradoiro para adultos de centros de mesa de Nadal celebrarase mañá xoves 12 de decembro e os seus obxectivos son festexar estas datas compartindo coñecementos e experiencias con outros/as veciños/as, facilitar o desenvolvemento de habilidades manuais, fomentar o desenrolo da imaxinación e o inxenio e achegar un recurso decorativo e artístico ao alcance das nosas mans.

Outra das actividades do programa de Nadal deste ano son os campamentos infantís de Nadal que van dirixidos as/os nenas/os de entre 3 a 12 anos empadroados en Mos. O prazo de inscrición rematará o vindeiro 17 de decembro e a publicación da lista de admitidos o 18 de decembro. A celebración campamentos será do 23 de decembro ó 3 de xaneiro. Son dous os campamentos ofertados: “Un Nadal de cine” para cativos de 3 a 10 anos (ata 4º de primaria) e “A Christmas to remember” para rapaces de 10 a 12 anos de idade (5º e 6º de primaria). O máximo de prazas dispoñibles para cada campamento e de 30.

“Un Nadal de cine” con horario de 10:00 horas a 14:00 horas ten un custe por participante de 30 euros, con suplemento de cinco euros para o servizo de aula madruga custando 35 euros con horario de de 9:00 horas a 14:00 horas.

“A Christmas to remember” con horario de 10:00 horas a 14:00 horas ten un custe por neno participante de 35 euros e de 40 euros incluíndo o servizo de aula madruga que amplía o horario de 9:00 horas a 14:00 horas. Este campamento é totalmente en inglés para que ademais de pasar uns días de ocio os participantes practiquen o idioma.

Tamén se organiza este ano o xa tradicional Concurso Infantil de Postais de Nadal que está enfocado exclusivamente para o público con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos.

Os nenos que desexen presentarse a este concurso poderán presentar a súa postal en galego ou en castelán, engadirlle ademais de debuxo todo tipo de ilustracións, fotos, etc.; empregar os materiais que queiran (ceras, lápices, bolígrafos, rotuladores, telas, recortes, etc.). O tamaño da postal non poderá exceder dun folio tamaño A4 por un só lado, e a extensión mínima será de medio folio A4 por un só lado.

Sobre a temática das postais a presentar a concurso convídase aos pequenos a engadir tamén unha frase; pode ser un desexo que non sexa de carácter material ou expresando que lles gustaría que cambiase no seu contorno cotián, dos amigos/as, familiares, na escola, dos pais, etc.

A postal deberá ser obra do/a propio/a neno/a, que incluirá ao final, como mínimo, o seu nome, idade, enderezo e teléfono de contacto. Só se aceptará unha postal por persoa.

Os participantes estarán distribuídos en tres categorías en función da súa idade. A Categoría I vai de 3 a 5 anos, a Categoría II de 6 a 8 anos e a Categoría III de 9 a 12 anos.

O xurado estará composto por diferentes técnicos/as municipais dos departamentos de Cultural e Benestar Social valorará a calidade e orixinalidade, así como os seus valores positivos; descartando aqueles nos que se perciba a intervención directa dun adulto.

Entrarán en concurso todas as postais entregadas ata o venres 27 de decembro de 2013 na Biblioteca Municipal. As obras presentadas estarán expostas na propia Biblioteca Municipal do 30 de decembro ó 12 de  xaneiro.

Establécese un premio por categoría e se entregarán o venres día 3 de xaneiro de 2014 nun acto de animación á lectura, que se celebrará na Biblioteca Municipal ás 12:00 horas, cunha duración de 1 hora aproximadamente.

Os premios son os seguintes: para a Categoría I un lote de libros e material escolar máis un diploma, para a Categoría II un lote de libros e material escolar máis un diploma e para a Categoría III un lote de libros e material escolar máis un diploma.

Por outra banda o venres 13 de decembro celebrarase no Multiusos ás 19.00 horas a Clausura dos cursos do Programa Tempo de Lecer coa actuación do grupo Adralba, e o domingo día 22 ás 18.00 horas terá lugar tamén no Multiusos un Certame de Panxoliñas.

O domingo 29 de decembro o Multiusos acollerá novamente outras días actividades. Ás 17.30 horas ‘Zalo o Cabalo’, espectáculo incluído no programa Ocio en Familia e ás 20.00 horas concerto de Pedraquentiña.

A tradicional Cabalgata de Reis celebrarase como sempre o día 5 de xaneiro ás 18.00 horas na Avenida de Sanguiñeda. E por último, lembrar que está en marcha a campaña solidaria de recollida de alimentos en beneficio dos usuarios do Club de Leones de Mos; os interesados en colaborar poden depositar a súa doazón ata o día 19 decembro nos Colexios mosenses, Asociacións e no Multiusos.

11 de decembro de 2013 | 18:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.