publicidade hoxe

O Concello de Monforte entregará 39 compostadores para continuar coa campaña de reciclaxe doméstica

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

A concellería de Medio Ambiente do concello de Monforte entregará mañá 30 compostadores domésticos, adquiridos con fondos municipais e destinados exclusivamente a persoas residentes na zona urbana.

O Concello abriu un prazo de inscrición para as persoas que desexasen acceder ó programa de compostaxe dos residuos orgánicos e adquirir de maneira gratuíta un compostador doméstico.

Mañá martes ás 12:00 h., no salón de plenos da Casa do Concello, o alcalde e o técnico de Medio Ambiente farán entrega destes 39 compostadores e explicarán as liñas básicas dio programa de compostaxe doméstica que desenvolve o Concello.

Este programa ten como obxectivo a redución e prevención da xeración de residuos, xa que a fracción orgánica (restos de comida) que se orixina nas nosas vivendas constitúe case a metade do contido da nosa bolsa de lixo. Producindo compost reducimos o lixo que se transporta e deposita nos vertedoiros.

As persoas que accedan ó programa de compostaxe deberán asistir a unha charla na que se lles explicará que tipo de restos e materiais se poden depositar nos compostadores, dándolles unhas pautas básicas sobre o proceso a seguir para compostar correctamente.

Os/as participantes neste programa tamén disporán dun servizo de asesoría permanente para resolver as posibles dúbidas que xurdan.

16 de decembro de 2013 | 12:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.