O Concello de Melide aproba o orzamento de 2014 cos votos a favor do Partido Popular

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMelide
A-
A+

Onte deuse conta ante a corporación melidá dun pleno ordinario que tiña como punto do día a presentación para a súa posterior aprobación dos orzamentos para o ano 2014. Uns orzamentos presentados en tempo e forma como ven sendo a tónica habitual deste equipo de goberno. O concelleiro de facenda, Luis Arias, calificou os presupostos de reais e prudentes, avanzando que se continuará na mesma liña de dar cumprimento a Lei de Estabilidade presupuestaria, tal e como se fixo no ano 2013, ao tempo que reflectiu a súa argumentación con números e informes técnicos de intervención municipal para subliña que se vai garantir o cumprimento dos prazos aos provedores, xa que a administración municipal tarda unha media de 5 días dende a aprobación das facturas para facer o pago correspondente.

Os presupostos arroxan resultados positivos e salientase que en 2 anos de goberno do PP se fixo fronte a pagos de débeda bancaria herdada do bipartito que alcanzaron os 2,1 millóns de euros. A boa xestión nesta materia reflíctese nos porcentaxes de endebedamento, pasando dunha débeda do 18% no próximo ano fronte a un 60% no 2011. Así como non existe un recoñecemento extraxudicial de crédito xa que non hai facturas pendentes de pago á hora de elaboración do orzamento.

A boa xestión económica do actual equipo de goberno local destaca en alguns exemplos de gasto corrente onde se diminuíu en gasto telefónico considerablemente, electricidade e se sigue a traballar neste eido de facer máis eficientes o uso de servizos básicos.

Para o ano 2014 se destinarán 230.095,24 € en investimentos correspondente ao POS, cun porcentaxe dun 8.71 % do orzamento de gasto. Irán a para a reposición de infraestructuras, saneamento da Rúa Furelos, vestiarios do campo de fútbol, pavimentación, entre outros.

Melide cumpre así coa Lei de Estabilidade orzamentaria e coa regra do gasto aprobando un orzamento realista. A rexedora melidá, Ánxeles Vázquez xunto coa maioría que a acompaña, lamenta a irresponsabilidade por parte do BNG e do PSOE ao facer unha intervención fora de lugar facendo prevalecer os seus ideais políticos fronte aos intereses xerais de todos os veciños e veciñas de Melide.

3 de decembro de 2013 | 18:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.