publicidade hoxe

O Concello de Lugo cambiará a a canalización do subministro de auga en Montero Ríos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

O Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, anunciou hoxe a urxente contratación das obras de renovación da canalización do subministro da auga na rúa Montero Ríos para resolver un problema que provocou, nos dous últimos días, catro roturas na conducción da auga.

Álvarez explicou que o Goberno local acordou facer esta obra con urxencia para poñer fin a unha situación que causa moitas molestias e “pola tranquilidade dos veciños tomouse esta determinación de renovar a canalización do xeito máis urxente posible”.

As avarías producíronse no treito que vai dende a rúa Rafael de Vega ata o final de Montero Ríos pero debido á estrutura da rede de subministro nesta zona foi preciso facer os cortes en toda a beirarrúa esquerda de Montero Ríos dende a Ronda da Muralla.

O custe estimado da renovación da canalización é duns 50.000 euros.

As roturas na conducción da auga debéronse ó desgaste do material, por un lado, sumado ás baixas temperaturas que sofrimos nos últimos días.

20 de decembro de 2013 | 18:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.