publicidade hoxe

O Concello de Fene executou dúas subvencións neste mes de decembro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFene
A-
A+

O Goberno do Concello de Fene executou neste mes de decembro estas duas subvencións:

A primeira coa axuda da CONSELLERIA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA da Xunta de galicia :encamiñada á habilitación e mellora de infraestructuras dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia

Importe de subvención concedida: 36.022,61 euros (85% do total subvencionable)

Investimento subvencionable: 42.379,54 euros.

 Obxecto:   Acceso a polígono industrial de Vilar do Colo por depósito da auga

Actuación: Obras de pavimentación dun vial municipal de comunicación e acceso norte ao polígono industrial Vilar do Colo (Fene) dende a estrada do Cemiterio Municipal/Camiño da Capacheira.

A segunda  coa axuda  VICEPRESIDENCIA E CONSELLERIA DE PRESIDENCIA, ADMINISTACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA da Xunta de Galicia . Correspondente a Subvencións do Fondo de Compensación Ambiental

Importe de subvención concedida: 66.766,39 euros (70% do total subvencionable)

Investimento subvencionable: 95.380,56 euros.

Obxecto: Proxecto de reforma e mellora da eficiencia enerxética no alumeado público de Cabanas e Fene

Actuación: Melloras na instalación de alumeado viario en varios viais dos Concellos de Cabanas e Fene a fin de reducir o consumo eléctrico das instalacións municipais e reducir o importe da factura eléctrica. Céntranse na instalación dun reloxo astronómico e a sustitución das luminarias existentes por luminarias máis eficientes. Unificación de cadros de mando e substitución de lámpadas actuais de vapor de mercurio por outras de haloxenuros metálicos.

 

27 de decembro de 2013 | 18:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.