publicidade hoxe

O Concello de Cervo comeza o reparto dos calendarios de 2014 con imaxes dos anos 70 e 80

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCervo
A-
A+
Presentación do calendario

Presentación do calendario

O Concello comezou a repartir os calendarios do 2014 polos fogares cervenses, como xa é habitual cada ano por estas datas. Un almanaque que dá continuidade á publicación de fotografías históricas e de décadas pasadas, pero que nesta ocasión son máis próximas á actualidade, xa que foron tomadas nos anos 70 e 80 principalmente. 

Trátase de imaxes en cor que amosan momentos especiais, como a botadura dun barco; eventos festivos, como a segunda edición da Queimada de Cervo, un momento do Entroido, ou as festas de Santa Isabel; momentos da vida cotiá como xuntanzas de mozos, o colexio ou eventos deportivos; fotos de grupo dos traballadores de Sargadelos; ou vistas panorámicas da vila de San Ciprián e a fábrica de Alcoa, ambas nos anos 70. Unhas instantáneas que tamén nos achegan  datos sobre épocas pasadas, como as propias vestimentas, a estética, as orixes de eventos festivos agora consolidados ou a configuración urbanística e territorial do municipio. 

Un conxunto de 19 fotografías que representan os costumes, as tradicións e o día a día dos cervenses hai máis de 30 e incluso 40 anos. “Queremos dar las gracias a todas las persoas que colaboraron con el Concello prestando unas fotografías con un enorme valor sentimental, tanto a nivel personal como colectivo” manifesta a edil de Cultura, Begoña Alonso, que presentou hoxe o calendario xunto ao alcalde, Alfonso Villares.    

Deste xeito, preténdese que coa entrada do novo ano “todos los hogares cervenses dispongan de un calendario do 2014 que los acompañe durante los 365 días do ano” engade Alonso. Xunto ao almanaque, a veciñanza recibe unha carta do rexedor na que felicita as festas, dá a benvida ao ano novo e transmite os seus bos desexos para os cervenses.

14 de decembro de 2013 | 16:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.