publicidade hoxe

O Concello de Cedeira anima aos maiores da vila a apuntarse no programa Termalismo Social

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeira
A-
A+

O Concello animou esta mañá aos maiores da vila a apuntarse no programa de Termalismo Social. Tan só teñen que acudir ao Departamento de Servizos Sociais e solicitar a súa participación na iniciativa. As traballadoras do servizo municipal encargaránse de tramitar toda a documentación necesaria para formalizar a inscripción ante o Imserso. ¿Prazo? Ata o próximo 16 de xaneiro ou o 16 de maio en función dos meses nos que se desexe solicitar a estancia.

O horario de atención ao público é de 10 a 13 horas de luns a venres. Nesta liña, o Concello explica que este programa permite encher o tempo de ocio do colectivo da Terceira Idade e, por outro lado, facilitarlles un ocio saudable, que repercutirá positivamente no seu estado físico e mental. A través de Termalismo Social, os pensionistas maiores de 60 anos e os seus cónxuxes poderán disfrutar de doce ou dez días nun balneario en réxime de pensión completa a prezos reducidos.

Estancia que inclúe tamén un tratamento termal adaptado ás súas necesidades. Cabe destacar que a oferta inclúe balnearios de toda España e, entre estes, un total de dezanove na Comunidade Autónoma de Galicia. É precisamente o usuario do servizo quen elixe destino nun calendario de viaxes que soe iniciarse en febreiro e finaliza en decembro.

20 de decembro de 2013 | 11:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.