publicidade hoxe

O Concello da Laracha repartirá 2.000 euros en premios no Concurso de Panxoliñas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Laracha
A-
A+

O Concello da Laracha repartirá máis de dous mil euros en premios ás asociacións culturais e coros parroquiais que participarán mañá sábado no concurso de panxoliñas “María Angeriz Tuset”, unha das tradicionais propostas culturais que o Concello da Laracha ofrece no marco do seu programa de Nadal e que desde o ano 2009 leva o nome da veciña de Paiosaco que fora directora do Coro Parroquial de Lestón durante moitas edicións do certame.

O lugar de celebración do concurso de panxoliñas “María Angeriz Tuset” será a Casa da Cultura da Laracha a partir das 18.30 horas. A asistencia para o público é libre e gratuíta.

Desde o Concello da Laracha convócase anualmente este concurso cos obxectivos fundamentais de ofrecer a todos os veciños unha actividade propia do Nadal, fomentar o espírito destas datas e apoiar economicamente ás asociacións culturais e aos coros parroquiais municipais.

Están establecidas tres categorías de premios. A primeira delas ten unha dotación económica de 350 euros; a segunda, de 300 e, a terceira, de 275 euros. Todos os grupos participantes teñen garantido, canda menos, o premio da terceira categoría.

Neste edición serán sete os grupos participantes:

– Asociación Cultural Queiroga de Paiosaco.

– Escola da Asociación Cultural Queiroga de Paiosaco

– Asociación Xuvenil Santiago de Vilaño

– Coro Arume de Caión da Asociación Cultural Arume

– Petiscos de Caión da Asociación Cultural Arume

– Asociación Cultural Coro Santa María de Torás

– Coro As Salseiras de Caión

– Coro Xuvenil Santa María de Torás.

Tal e como é habitual, o concurso está dividido en dúas partes. Na primeira, cada grupo participante interpretará a panxoliña que se presenta para o concurso. Despois desta rolda os membros do xurado retiraranse para deliberar e será o turno para que cada coro ou asociación anime a espera ao público cantando unha panxoliña libre.

27 de decembro de 2013 | 19:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.