publicidade hoxe

O Concello da Laracha acende mañá a iluminación de Nadal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Laracha
A-
A+

O Concello da Laracha acenderá mañá venres pola tarde a iluminación de Nadal, que permanecerá ata o vindeiro 7 de xaneiro de 2014, despois do día de Reis.

O alumeado con motivos típicos destas datas será visible nos tres núcleos urbanos do municipio, estando presente na Laracha (Praza do Concello, rúa Santa Lucía e nas avenidas de Caión, Fisterra e Doutor López Astray da Laracha), Paiosaco (campo da feira, avenida Bergantiños e rúa Eduardo Pondal) e Caión (praza Eduardo Vila Fano, avenida da Laracha, rúa Méndez Núñez e zona da Ínsua).

A luces de Nadal instaladas polo Concello da Laracha son microbombillas LED de baixo consumo.

12 de decembro de 2013 | 19:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.