O Concello da Coruña pecha ao público parques, xardíns e praias pola alerta de vento

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal Portada
A-
A+

A área de Seguridade Cidadá e Mobilidade informa de que o Concello tomou a decisión de pechar hoxe, luns 23 de decembro, a partir das 18.00 horas, o acceso aos parques, xardíns e praias da cidade, debido ao temporal previsto, decretándose alerta vermella para último hora do día, con refachos de vento que poden superar os 100 km/h a partir das doce da noite.

O Concello pecha os accesos aos areais, xardíns e parques polo menos até as 09.00 horas de mañá, martes 24 de decembro, pois a decisión de reabrir o acceso tomarase en función de como evolucionen as condicións meteorolóxicas. O Concello pide a máxima colaboración cidadá e agradece que actúen con precaución e prudencia e que eviten achegarse ao litoral e aos lugares arboledos ou con elementos susceptibles de desprendemento.

Os servizos municipais da Coruña formarán reténs nocturnos e, en canto finalice este fenómeno adverso, realizarase unha supervisión pormenorizada para detectar calquera dano que se puido producir e emendalo no menor tempo posible.

Durante as próximas horas e mentres dure o temporal, estarán activadas todas as alertas nos servizos municipais de Emerxencias e Seguridade Cidadá. Ademais, ordenouse o peche do poboado do Nadal de María Pita e suspendéronse as actividades deportivas que estaban programadas en instalacións ao aire libre.

23 de decembro de 2013 | 13:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.