publicidade hoxe

O Concello da Coruña estrea ‘Lendas do voo’ no cine 3D da Domus

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

Ao longo dos algo máis de cen anos de historia da aviación, desenvolvéronse diferentes deseños de avións que foron superando claramente aos anteriores. A través dos ollos dun coñecido piloto de probas, Lendas de voo vai descubrindo as grandes innovacións, así como os grandes erros, que levaron á creación de deseños como o do famoso Boeing 787 Dreamliner ou o Airbus A380.

A película traslada ao espectador ao momento do primeiro voo do enorme, pero eficiente, Airbus A380 que tivo lugar na mostra aérea de París de 2007, así como ao do pequeno pero aínda máis eficiente 787, o primeiro avión construído empregando fibra de carbono. As imaxes en 3D do voo destes avións lendarios ofrecen ao espectador unha emocionante experiencia.

Lendas de voo tamén introduce ao espectador no proceso de fabricación dun avión moderno, mostrando como a ciencia e os novos materiais permiten aos enxeñeiros aeronáuticos idear e construír aeronaves que imiten o voo natural como nunca antes fíxose.

Horarios de proxección:

-Do 23 ao 31 de decembro, ás 12.00, 13.00, 17.00 e 18.00 horas.

-Do 2 ao 8 de xaneiro, ás 12.00, 13.00 e 17.00 horas.

-A partir do 9 de xaneiro: de luns a venres ás 17.00 horas; sábados, domingos e festivos ás 12.00, 13.00, 17.00 e 18.00 horas.

23 de decembro de 2013 | 13:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.