O Concello da Cañiza mantén as axudas económicas a 13 asociacións culturais e clubs deportivos
O Concello da Cañiza subvenciona anualmente ás asociacións culturais e clubs deportivos da localidade que teñen por obxectivo principal fomentar as relacións sociais, recuperar e manter os usos e costumes desta zona e en particular de cada parroquia, impulsar a práctica dalgunhas disciplinas deportivas e continuar coas tradicións musicais existentes e a Vila, como é o caso da Coral da Cañiza que este ano 2014 celebrará a súa 20 aniversario.
Ademais destas subvencións algunhas asociacións e clubs ven incrementadas estas axudas coas achegas realizadas por outras administracións como é o caso de Deputación e Xunta de Galicia que todos os anos publican axudas para estes colectivos.
A consignación orzamentaria para estas axudas non se rebaixou a pesar dos difíciles momentos económicos que atravesamos, mantendo a mesma cantidade de hai uns anos co obxectivo de que o labor realizado polas respectivas directivas destas asociacións e clubs non decaia debido á falta de ingresos.