publicidade hoxe

O Club Atletismo Tui-Thermalia entrega alimentos á Cámara de Valença pola II Eurocidade 10

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTui
A-
A+
Entrega de alimentos

Entrega de alimentos

Rafael Pérez, presidente do Club Atletismo Tui-Thermalia, fixo entrega de alimentos por valor de ao redor de 350€ aos servizos sociais da Cámara de Valença, nun acto nel que estiveron presentes o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o concelleiro de deportes, Nicolás Lorenzo, o vereador de deportes de Valença, José Monte, e os concelleiros do grupo de goberno José Ángel Villaverde e Olga Montes.

O club tudense, organizador das carreiras de dez quilómetros Eurocidade 10, xunto á Eurocidade Tui-Valença, comprometeuse a doar unha parte das inscricións desta proba deportiva a unha entidade benéfica. En concreto, neste ano aos servizos sociais da Cámara de Valença, dado que a saída e chegada foi neste municipio. Para a próxima edición, que realizarase o oito de xuño de 2014, esta doazón recaerá nunha asociación solidaria tudense.

A Eurocidade Tui-Valença expresa a súa gratitude ao Club Atletismo Tui-Thermalia por esta acción solidaria, tan necesaria nestes tempos de dificultade que estamos vivendo.

5 de decembro de 2013 | 19:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.