O CIM de Marín leva a cabo unha campaña de sensibilización para evitar enfermidades de transmisión sexual
No mes de decembro coincidindo co día Mundial da Sida, o Concello de Marín, a través da Concellería de Benestar Social, está levando a cabo unha campaña de sensibilización e fomento do uso correcto do preservativo como medio de prevención de enfermidades de transmisión sexual e evitar a infección polo VIH/sida, pois está comprobado que é a medida máis eficaz.
Dentro da campaña tamén se facilita información sobre a proba rápida no fluído oral do VIH, facendo fincapé en que as vías de trasmisión son:
– Relacións sexuais sen preservativo.
-Compartir materiais de inxección de drogas ou calquera instrumento cortante en contacto co sangue.
– Vía materno- filial.
Segundo datos da infección polo VIH en Galicia, a tendencia nas vías de transmisión foi:
– unha elevada infección por vía heterosexual
– un aumento paulatino da vía de homes que teñen sexo con outros homes.
– unha diminución da vía relacionada con compartir materiais de inxección de drogas, debido ao cambio no consumo.
Nas dependencias do Centro de Información ás Mullleres (CIM ), sito no 2º andar da Casa Principal da Finca de Briz, facilítase material informativo e de prevención que foi suministrado pola Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, e está a disposición das persoas interesadas.